banner-calidad

Crecendo con
responsabilidade,
actuando con
compromiso

Política de calidade, medioambiente, e seguridade e saúde no traballo

Hestia Health é un grupo de xestión líder na asistencia sociosanitaria, na saúde mental e na atención residencial asistida que declara o seu compromiso de desenvolver, manter e mellorar continuamente o seu sistema de xestión integrada, coa fin de cumprir con

  • Os requisitos das normas ISO 9001, ISO 14001, ISO 45001, en materia de calidade, xestión ambiental, seguridade e saúde no traballo.
  • A lexislación vixente.
  • Todos aqueles requisitos e necesidades dos nosos principais grupos de interese.
  • Os requisitos e directrices que establezan as Administracións das distintas Comunidades Autónomas onde esteamos presentes.

A nosa estratexia baséase en prestar servizos de atención personalizada, seguindo un modelo de xestión común que garanta unha asistencia de alta calidade en todos os ámbitos. Para iso, as liñas estratéxicas de desenvolvemento son:

  1. Atención ás doenzas crónicas.
  2. Atención a persoas que necesiten coidados xerontolóxicos, paliativos, con Alzheimer ou outras demencias, así coma a persoas con doenzas neurolóxicas que poidan derivar en discapacidade.
  3. Participación e empoderamento.
  4. Enfoque centrado na persoa que sofre un problema de saúde mental (SM).
  5. Prevención dos trastornos mentais, promoción e protección do benestar emocional en todas as etapas da vida.
  6. Enfoque sectorial e social da SM.
  7. Contribución do sector da SM á xestión dos determinantes estruturais e sociais que afecten á devandita saúde mental e ao benestar emocional.
  8. Acceso, calidade e orientación ao valor. Servizos de saúde mental accesibles e de calidade.
  9. Servizos integrais, integrados, multisectoriais e adaptables a contornas comunitarias cunha carteira de servizos eficaz e eficiente.

Para levar a cabo esta estratexia, estabrecemos os seguintes principios, que se desenvolven en políticas, plans, obxectivos e programas de mellora e revisión continua:

  • Enfoque claro para superar as espectativas dos nosos usuarios e entidades colaboradoras.
  • Implantación de prácticas seguras e minimización do risco asistencial.
  • Protección do medioambiente e redución do impacto ambiental.
  • Protección da saúde e integridade das nosas persoas traballadoras, promovendo o seu desenvolvemento profesional.
  • Innovación e mellora continua dos nosos procesos e servizos.
  • Medición e seguemento de indicadores crave para garantir a eficacia e mellora continua do sistema.
  • Fomento da cultura da seguridade e da xestión de riscos, tanto asistenciais como non asistenciais.
  • Compromiso coa consulta e participación das persoas traballadoras e os seus representantes.
  • Promoción da comunicación dende a base: notificación de incidentes e suxestións de mellora.
  • Compromiso coa mellora continua do sistema.

Compromisos da Dirección:

  • Cumprir cos requisitos legais e voluntarios en materia de calidade, medioambiente e saúde laboral.
  • Estabrecer os procesos necesarios para integrar a actividade preventiva en todos os niveis da organización.
  • Buscar a excelencia na atención e no servizo á persoa usuaria.
  • Construír contornas laborais inclusivas, igualitarias e libres de discriminación e violencias coma o acoso.
  • Contribuír ao desenvolvemento sostible mediante políticas ambientais limpas.
  • Avaliar, mitigar e eliminar os riscos mediante análises periódicas para garantir un entorno seguro.
  • Promover a formación do persoal para asegurar o correcto desenvolvemento das súas funcións.
  • Fomentar a participación do persoal nos elementos do sistema integrado de xestión.
  • Facer da mellora continua unha ferramenta crave para o progreso organizativo.
  • Promover a actuación preventiva e a promoción da saúde.

Certificacións e acreditacións:

  • UNE-EN ISO 9001:2015: nos centros Hestia Gràcia, Hestia Duran i Reynals, Clínica Coroleu, Hestia Madrid e Sanatorio Esquerdo.
  • UNE-EN ISO 14001:2015: nos centros Hestia Gràcia, Hestia Madrid, Sanatorio Esquerdo.
  • ISO 45001:2018: no centro Hestia Gràcia.