Disfaxia: tragar con dificultade non é normal

En Hestia Health sumámonos ao Día Mundial da Disfagia, unha data dedicada a visibilizar unha alteración que afecta a millóns de persoas e que, a pesar da súa frecuencia, continúa sen ser diagnosticada de maneira adecuada.

A disfagia é a dificultade para tragar alimentos, bebidas ou mesmo a propia saliva, un problema que pode aparecer a calquera idade, pero que é especialmente habitual en persoas maiores ou en quen presentan determinadas patoloxías neurolóxicas ou médicas. Pode provocar complicacións graves como desnutrición, deshidratación ou pneumonía por aspiración, polo que a detección precoz e o abordaxe interdisciplinar son fundamentais.

Como recoñecela:

Entre os sinais máis frecuentes inclúense:

– Tose ou carraspeo durante ou despois das comidas.

– Atragantamentos frecuentes.

– Voz roqueira durante a inxesta.

– Necesidade de tragar varias veces o mesmo anaco.

– Retención de alimentos na boca ou nas meixelas.

– Comer máis amodo do habitual.

Para reducir riscos, é esencial adoptar unha postura adecuada ao comer e adaptar a textura dos alimentos, entre outras prácticas. O documento descargable inclúe máis consellos para unha deglución segura e as pautas básicas para actuar diante dun atragantamento.

En Hestia Health impulsamos a detección precoz da disfagia e a súa correcta actuación. Promovemos a formación continua dos nosos equipos e aplicamos boas prácticas que contribúen a unha atención máis segura e a unha mellor calidade de vida das persoas ás que atendemos.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.