Formación especializada sobre a abordaxe de feridas crónicas en Hestia Health

Hestia Health formación úlcera

Os centros de Hestia Health acolleron recentemente unha sesión especializada, impartida por Urgo Medical, centrada no diagnóstico e tratamento da úlcera venosa, xunto cun obradoiro práctico de desbridamento.

Esta iniciativa enmárcase no compromiso continuo de Hestia Health coa actualización de coñecementos e a mellora da calidade asistencial dos seus profesionais. A sesión combinou contido teórico con práctica clínica, facilitando unha visión integral do manexo deste tipo de lesións crónicas.

Ao longo da xornada, os profesionais profundaron no diagnóstico diferencial da úlcera venosa e nas estratexias terapéuticas máis actuais, poñendo o foco nun enfoque estruturado que integra a valoración clínica, a terapia compresiva e o tratamento local da ferida. Un plantexamento clave para favorecer a cicatrización e mellorar a evolución dos pacientes.

A xornada completouse cun obradoiro práctico de desbridamento, no que os profesionais adquiriron habilidades técnicas para a eliminación do tecido desvitalizado, un procedemento esencial para optimizar o proceso de curación das feridas. Este tipo de formación aplicada reforza a seguridade, a eficacia e a calidade na práctica asistencial.

Con esta acción, Hestia Health continúa impulsando un modelo de atención centrado na excelencia clínica e no desenvolvemento profesional continuo, cun obxectivo claro: mellorar os resultados en saúde e a calidade de vida das persoas atendidas.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.