POLÍTICA DE PRIVACIDADE
De conformidade co Regulamento Xeral de Protección de Datos, HESTIA ALLIANCE, S.L. informa aos usuarios de www.hestiahealth.es da seguinte información sobre protección de datos:
Responsable do tratamento
- Denominación social: HESTIA ALLIANCE, S.L.
- Domicilio: Praza Karl Marx, 1, 08035 – Barcelona.
- Delegado de Protección de Datos: dpd@hestiahealth.es
Finalidade do tratamento
- Xestionar e atender as consultas, suxestións ou reclamacións recibidas.
- Desenvolver, levar a cabo e xestionar os procesos de selección de persoal.
Lexitimación do tratamento
A base legal para o tratamento dos datos recollidos é o consentimento da persoa interesada.
Destinatarios
A persoa interesada queda informada de que os seus datos non serán cedidos a terceiros, salvo obriga legal.
De ser o caso, estes datos poderán ser tratados por terceiras entidades prestadoras de servizos, como entidades financeiras ou empresas directamente relacionadas co responsable.
Transferencias internacionais
Non se realizarán transferencias internacionais de datos.
Dereitos das persoas interesadas
As persoas interesadas poden solicitar o acceso aos seus datos persoais, a súa rectificación ou supresión e, se procede, a limitación do seu tratamento, opoñerse ao tratamento e exercer o dereito á portabilidade dos datos.
Poden facelo mediante escrito dirixido ao enderezo indicado no apartado “Responsable” ou a través do correo electrónico dpd@hestiahealth.es.
No caso de que sexa necesario identificar á persoa, poderá solicitárense copias dun documento acreditativo da súa identidade.
Se nos proporcionou o seu consentimento para o tratamento dos seus datos, tamén terá dereito a revocalo en calquera momento.
Así mesmo, a persoa interesada terá dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos: https://www.aepd.es
Prazo de conservación
Os datos relativos a consultas, suxestións ou reclamacións conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que foron recollidos.
Os datos relativos aos procesos de selección eliminaranse unha vez transcorridos 12 meses desde o seu envío.
Independentemente do tempo durante o que tratemos os datos para cumprir cada finalidade, posteriormente conservaranse debidamente bloqueados e protexidos. Isto significa que só estarán dispoñibles por petición dos xulgados e tribunais, do Ministerio Fiscal ou das administracións públicas competentes, durante o período no que poidan derivarse responsabilidades legais. Este período determinarase segundo a normativa vixente en cada momento (lexislación sobre protección de datos, Código Civil, etc.).
Unha vez prescritas as posibles accións, procederase á eliminación definitiva dos datos persoais.
Os datos que nos facilite serán tratados adoptando as medidas de seguridade técnicas e organizativas axeitadas, conforme a lexislación vixente en materia de protección de datos persoais, para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado actual da tecnoloxía.
Ao cubrir os distintos formularios e enviar a información anteriormente indicada, vostede manifesta ter lido e aceptar expresamente esta cláusula de protección de datos, e concédenos o seu consentimento inequívoco e expreso para o tratamento dos seus datos persoais conforme ás finalidades indicadas.