SaúdARTE: un novo programa terapéutico que une arte e benestar na Residencia Hestia Esquerdo

Na Residencia Hestia Esquerdo demos comezo a SaúdARTE, un novo programa de intervención desde Terapia Ocupacional que busca aproveitar o poder transformador da arte para mellorar o benestar dos nosos usuarios.

Este proxecto nace coa convicción de que a arte e a cultura non só enriquecen, senón que tamén curan. Queremos que os nosos usuarios vivan experiencias significativas, que se expresen, participen activamente na comunidade e atopen na arte unha vía para coidar a súa saúde mental.

SaúdARTE comezou a finais de febreiro cunha visita moi especial ao Museo Nacional Thyssen-Bornemisza. Foi a primeira de moitas actividades pensadas para abrir as nosas portas ao entorno cultural e vivir a arte en primeira persoa.

Durante o mes de marzo, e co motivo do VII Aniversario da Residencia Hestia Esquerdo, celebramos varios obradoiros de pintura. Nelos, os propios usuarios elixiron e reproduciron obras de grandes artistas como Gustav Klimt, Gauguin, Van Gogh, Miró, Dalí, Picasso ou Kandinsky. As súas creacións, cheas de cor e emoción, transformaron as nosas paredes nunha verdadeira galería de arte.

O nome elixido polos usuarios para esta exposición, SaúdARTE, dá tamén nome ao programa, que seguiremos desenvolvendo con entusiasmo e moita ilusión. Porque creemos firmemente que a arte é saúde, e que proxectos como este achegános a unha vida máis plena e con sentido.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.